jueves, 26 de agosto de 2010

enBaionArte

enBaionArte somos un grupo de rapaces e rapazas de entre 25 e 35 anos que decidiron unirse para por en marcha un proxecto xuvenil para a sua vila. Cremos que Baiona é un lugar excepcional para vivir, e con esta actividade enriqueceríase dalgunha maneira a oferta de ocio da mocidade baionesa.


Polo tanto, a Xincabai xorde do interese de ofrecer á mocidade da vila unha oferta de ocio feita á súa medida. Este evento será un punto de partida, unha presentación do noso grupo á que seguirán, xa como asociación cultural, outros proxectos e iniciativas nos que desexamos que participe a poboación baionesa. Xincabai é unha actividade didáctica ao mesmo tempo que lúdica, que consiste na combinación de probas deportivas e de coñecemento. Está pensada para moz@s de entre 18 e 35 anos, que participarán por equipos.

O fío condutor seremos a xuventude, creando unha Rede de Voluntarios que se encargarán de tódalas tarefas de planificación e documentación, porque Xincabai é un proxecto DA mocidade PARA a mocidade.

Haberá probas tanto deportivas (brilé, futbolín humano, minixincana de xogos populares, etc.) como de coñecemento, especialmente relacionadas co noso pobo e as nosas tradicions (baiquizz, búsqueda do tesouro, misión imposible, etc.)

Esperamos que a nosa iniciativa ilusione aos nosos veciñ@s tanto como a nos, e desde aquí convidámolos a involucrarse no proxecto. O éxito desta iniciativa será a participación de todas as persoas. Próximamente difundiremos mais información sobre o proxecto, a través deste blog, e da convocatoria dun concurso de ideas para o logo da Xincabai.





Un saúdo a tod@s

1 comentario: